Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

En xeral, rendementos monetarios e en especie obtidos pola participación en fondos propios de calquera tipo de entidade

Inclúense dentro desta categoría os seguintes rendementos, monetarios ou en especie:

  1. Os dividendos, primas de asistencia a xuntas e participacións nos beneficios de calquera tipo de entidade.
  2. Os rendementos procedentes de calquera clase de activos, agás a entrega de accións total ou parcialmente liberadas que, estatutariamente ou por decisión dos órganos sociais, faculten para participar nos beneficios, vendas, operacións, ingresos ou conceptos análogos dunha entidade por causa distinta da remuneración do traballo persoal.
  3. Os rendementos que se deriven da constitución ou cesión de dereitos de uso ou desfrute, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, sobre os valores ou participacións que representen a participación nos fondos propios da entidade.
  4. Calquera outra utilidade, distinta das anteriores, procedente dunha entidade pola condición de socio, accionista, asociado ou partícipe.
  5. A distribución da prima de emisión e a redución de capital con devolución de achegas. O seu exame realízase no seguinte apartado dos "Rendementos obtidos participación fondos propios calquera entidade" deste Capítulo