Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Suposto especial de integración dos rendementos obtidos pola cesión a terceiros de capitais propios procedentes de entidades vinculadas

Normativa:Art.º 46 a) Lei IRPF

Cando os rendementos obtidos pola cesión a terceiros de capitais propios procedan de entidades vinculadas co contribuínte, ha de terse en canta os seguinte:

A valoración destes rendementos deberá efectuarse polo valor de mercado.

Os devanditos rendementos intégranse na base xeral e na do aforro seguindo as seguintes regras:

  • Base impoñible xeral:formarán parte da base impoñible xeral os correspondentes ao exceso do importe dos capitais propios cedidos a unha entidade vinculada respecto do resultado de multiplicar por tres os fondos propios, na parte que corresponda á participación do contribuínte, desta última.

    Para os efectos de computar o devandito exceso, ha de terse en consideración o importe dos fondos propios da entidade vinculada reflectido no balance correspondente ao último exercicio pechado con anterioridade á data de devindicación do IRPF e a porcentaxe de participación do contribuínte existente nesta data.

  • Base impoñible do aforro: Intégranse na base impoñible do aforro a diferenza entre o valor de mercado destes rendementos e o importe da parte do rendemento a integrar na base impoñible xeral conforme ao antes indicado.

Persoas ou entidades vinculadas:

Para determinar cando hai vinculación ha de atenderse ao disposto no artigo 18.2 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades (BOE do 28), no que se consideran persoas ou entidades vinculadas:

  • Unha entidade e os seus socios ou partícipes.
  • Unha entidade e os seus conselleiros ou administradores, salvo no correspondente á retribución polo exercicio das súas funcións.
  • Unha entidade e os cónxuxes ou persoas unidas por relacións de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao dos socios ou partícipes, conselleiros ou administradores.
  • Unha entidade e os conselleiros ou administradores doutra entidade, cando ambas as dúas entidades pertenzan a un grupo.

Nos supostos nos que a vinculación se defina en función da relación dos socios ou partícipes coa entidade, a participación deberá ser igual ou superior ao 25 por 100.A mención aos administradores incluirá aos de dereito e aos de feito.Nos supostos nos que a vinculación non se defina en función da relación socios ou partícipes-entidade, a porcentaxe de participación a considerar será o 25 por 100.

Nestes supostos, o contribuínte do IRPF deberá cumprir as obrigas de documentación das operacións vinculadas nos termos e condicións establecidos no capítulo V (artigos 13 a 16) do Regulamento do Imposto sobre Sociedades, aprobado por Real Decreto 634/2015, do 10 de xullo (BOE do 11).

Véxase a aplicación práctica deste suposto no exemplo sobre en cálculo do rendemento neto do capital mobiliario no caso de obtidos pola cesión a terceiros de capitais propios que figura no apartado seguinte.