Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Cadros: Métodos e modalidades de determinación do rendemento neto de actividades económicas: estimación directa

Estimación directa (Véxase Capítulo 7)
InformaciónModalidade normal (EDN)Modalidade simplificada (EDS)

Ámbito de aplicación

Empresarios e profesionais en que concorra algunha destas dúas circunstancias:

  • Que o importe neto da cifra de negocios do conxunto das súas actividades supere 600.000 euros anuais no ano anterior.
  • Que renunciasen ás EDS.

Empresarios e profesionais en que concorra algunha destas dúas circunstancias:

  • Que a súa actividade non sexa susceptible de acollerse á EO.
  • Que renunciasen ou estean excluídos da EO .

Sempre que, ademais, o importe neto da cifra de negocios de todas as súas actividades non supere a cantidade de 600.000 euros anuais no ano anterior e non renunciasen ás EDS.

Determinación do rendemento neto

(+) Ingresos íntegros.

(-) Gastos deducibles.

(-) Amortizacións.

(=) Rendemento neto.

(-) Redución rendementos con período de xeración superior a dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular cando se imputen nun só exercicio (30 %). Base redución máxima: 300.000 euros.

Réxime transitorio : aplicación desta redución a rendementos que viñesen percibindose de forma fraccionada con anterioridade a 1-1-2015.

(=) Rendemento neto reducido.

(-) Redución para traballadores autónomos economicamente dependentes con único cliente non vinculado:

  • Redución xeral: 2000 euros.
  • Incremento adicional para contribuíntes con rendemento neto da actividade inferior a 14.450 euros e rendas distintas das anteriores, excluídas as exentas, inferiores a 6.500 euros.
  • Incremento adicional por discapacidade.

(-) Redución para contribuíntes con rendas totais inferiores a 12.000 euros, incluídas as da actividade (incompatible coa redución anterior).

(-) Redución por inicio de actividade.

(=) Rendemento neto reducido total.

(+) Ingresos íntegros.

(-) Gastos deducibles (agás provisións e amortizacións).

(-) Amortizacións táboa simplificada.

(=) Diferenza.

(-) Gastos de difícil xustificación: 5% s/diferenza positiva (Máximo 2000 euros). (incompatible con redución para traballadores autónomos)

(=) Rendemento neto.

(-) Redución rendementos con período de xeración superior a dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular cando se imputen nun só exercicio (30 %). Base redución máxima: 300.000 euros.

Réxime transitorio : aplicación desta redución a rendementos que viñesen percibindose de forma fraccionada con anterioridade a 1-1-2015.

(=) Rendemento neto reducido.

(-) Redución para traballadores autónomos economicamente dependentes ou con único cliente non vinculado (incompatible con gastos de difícil xustificación).

  • Redución xeral: 2000 euros.
  • Incremento adicional para contribuíntes con rendemento neto da actividade inferior a 14.450 euros e rendas distintas das anteriores, excluídas as exentas, inferiores a 6.500 euros.
  • Incremento adicional por discapacidade.

(-) Redución para contribuíntes con rendas totais inferiores a 12.000 euros, incluídas as da actividade (incompatible coa redución anterior).

(-) Redución por inicio de actividade.

(=) Rendemento neto reducido total.

Obrigas rexistrais

1. Actividades mercantís:

  • Contabilidade axustada ao Código de Comercio.

2. Actividades non mercantís:

  1. En xeral, libros rexistros de:

    • Libro rexistro de vendas e ingresos.
    • Libro rexistro de compras e gastos.
    • Libro rexistro de Bens de investimento.
  2. Actividades profesionais:

    • Libro rexistro de vendas e ingresos.
    • Libro rexistro de compras e gastos.
    • Libro rexistro de Bens de investimento.
    • Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos.

1. En xeral (aínda cando leven contabilidade axustada ao que se dispón no Código de Comercio)

  • Libro rexistro de vendas e ingresos.
  • Libro rexistro de compras e gastos.
  • Libro rexistro de Bens de investimento.

2. Actividades profesionais :

  • Libro rexistro de vendas e ingresos.
  • Libro rexistro de compras e gastos.
  • Libro rexistro de Bens de investimento.
  • Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos