Método e modalidades de determinación do rendemento neto das actividades económicas
Normativa: Art. 16 Lei IRPF
Introdución
Os métodos de determinación do rendemento neto das actividades empresariais, mercantís ou non mercantís, e das profesionais son os seguintes:
- Estimación directa, que admite dúas modalidades: normal e simplificada.
- Estimación obxectiva, que se aplica como método voluntario a cada unha das actividades económicas, illadamente consideradas, que determine o ministro de Facenda.
Sen prexuízo do comentario detallado de cada un dos métodos e modalidades de determinación do rendemento neto nos Capítulos correspondentes do Manual, os cadros dos apartados seguintes recollen as notas máis significativas de cada un dos devanditos métodos e modalidades
Importante: o Real Decreto-lei 18/2019, do 27 de decembro, polo que se adoptan determinadas medidas en materia tributaria, catastral e de seguridade social (BOE do 29) modificou a Lei do IRPF, prorrogando para o período impositivo 2020 os límites cuantitativos excluíntes fixados nos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019 para a aplicación de método de estimación obxectiva, con excepción das actividades agrícolas, gandeiras e forestais que teñen o seu propio límite cuantitativo por volume de ingresos.