Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Cadro-resumo:Obrigas contables e rexistrais dos contribuíntes titulares de actividades económicas

Estimación directa (modalidade normal) (EDN) Actividades mercantís Contabilidade axustada ao Código de Comercio e ao Plan Xeral de Contabilidade.

Actividades non mercantís

En xeral, libros rexistros de:

  • Vendas e ingresos.
  • Compras e gastos.
  • Bens de investimento.

Actividades profesionais:Libros rexistros de:

  • Ingresos.
  • Gastos.
  • Bens de investimento.
  • Provisións de fondos e suplidos.

Estimación directa (modalidade simplificada) (EDS)

Actividades mercantís e non mercantís

En xeral, libros rexistros de:

  • Vendas e ingresos.
  • Compras e gastos.
  • Bens de investimento.

Actividades profesionais: Libros rexistros de:

  • Ingresos.
  • Gastos.
  • Bens de investimento.
  • Provisións de fondos e suplidos.

Estimación obxectiva (EO)

Actividades distintas das agrícolas, gandeiras e forestais

  • Conservar as facturas emitidas, facturas recibidas e xustificantes documentais.
  • Libro rexistro de bens de investimento (se se practican amortizacións).

Actividades agrícolas, gandeiras, forestais e de transformación de produtos naturais

  • Libro rexistro de vendas e ingreso.
  • Conservar as facturas emitidas, facturas recibidas e xustificantes documentais.
  • Libro rexistro de bens de investimento (se se practican amortizacións).