Obrigas contables e rexistrais dos contribuíntes titulares de actividades económicas
Atención: ao final deste apartado ofrécese o acceso a un cadro resumo das obrigas contables e rexistrais que se comentan a continuación.
En xeral
Normativa: Arts. 104.2 Lei IRPF e 68 Regulamento
No ámbito do IRPF as obrigas contables e rexistrais dos titulares de actividades económicas estrutúranse de acordo co seguinte detalle:
A. Empresarios mercantís en estimación directa normal :
-
Contabilidade axustada ao disposto no Código de Comercio e ao Plan Xeral de Contabilidade.
Precisión: de acordo co que se dispón no Código de Comercio e no Plan Xeral de Contabilidade, aprobado este último polo Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro (BOE do 20), os libros específicos que deben levarse son os seguintes: Libro de inventarios e Contas anuais, que se abrirá co balance inicial e en que deben facerse constar, polo menos trimestralmente, os balances de comprobación con sumas e saldos, así como o inventario de peche do exercicio e as contas anuais, e Libro Diario, que ten que rexistrar, día a día, todas as operacións relativas á actividade da empresa. O Real decreto 1515/2007, do 16 de novembro (BOE do 21) aproba, como norma complementaria do Plan Xeral de Contabilidade, o Plan Xeral de Contabilidade das Pemes e os criterios contables específicos para microempresas.
B. Empresarios non mercantís en estimación directa normal e todos os empresarios en estimación directa simplificada :
- Libro rexistro de vendas e ingresos.
- Libro rexistro de compras e gastos.
- Libro rexistro de bens de investimento.
C. Profesionales en estimación directa, en calquera das súas modalidades :
- Libro rexistro de ingresos.
- Libro rexistro de gastos.
- Libro rexistro de bens de investimento.
- Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos.
IIV. Empresarios e profesionais en estimación obxectiva.
-
Libro rexistro de bens de investimento (unicamente os contribuíntes que deduzan amortizacións).
- Libro rexistro de vendas e ingresos (unicamente os titulares de actividades cuxo rendemento neto se determine en función do volume de operacións, é dicir, titulares de actividades agrícolas, gandeiras, forestais accesorias e de transformación de produtos naturais).
En todo caso, os titulares deberán conservar, numeradas por orde de datas e agrupadas por trimestres, as facturas emitidas de acordo co previsto no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, aprobado polo Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro (BOE do 1 de decembro), e as facturas ou xustificantes documentais doutro tipo recibidos, así como os xustificantes dos signos, índices ou módulos aplicados.
As entidades en réxime de atribución de rendas que desenvolvan actividades económicas deben levar uns únicos libros obrigatorios correspondentes á actividade realizada, sen prexuízo da atribución de rendementos que corresponda efectuar en relación cos seus socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes.
Importante: Agás os contribuíntes que desenvolvan actividades empresariais cuxo rendemento se determine na modalidade normal do método de estimación directa, o resto de contribuíntes do IRPF que realicen actividades económicas están obrigados a levar os libros rexistros que en cada caso determina a normativa do IRPF, aínda cando leven contabilidade axustada ao que se dispón no Código de Comercio.