Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Exemplos

Exemplo 1:

Don S.M.G. avogado, ademais do exercicio libre da súa profesión que vén desenvolvendo dende 1990, iniciou en 2020 o exercicio dunha actividade agrícola susceptible de estar incluída no método de estimación obxectiva.

Como determinará os rendementos netos de ambas as dúas actividades en 2020, sabendo que o importe neto da cifra de negocios da súa actividade profesional non superou no exercicio 2019 o importe de 600.000 euros anuais?

Solución:

O rendemento neto da actividade profesional debe determinarse na modalidade simplificada do método de estimación directa, ao non ter superado no exercicio inmediato anterior (2019) o importe neto da cifra de negocios os 600.000 euros anuais.Así mesmo, dada a incompatibilidade entre o método de estimación directa e o de estimación obxectiva, a determinación do rendemento neto da actividade agrícola debe efectuarse tamén na modalidade simplificada do método de estimación directa.


Exemplo 2:

Don J.J.C., empresario, determina o rendemento neto da súa actividade económica na modalidade simplificada do método de estimación directa.O día 5 de maio de 2020 inicia unha nova actividade económica non incluída no ámbito de aplicación do método de estimación obxectiva e para a que renuncia á modalidade simplificada do método de estimación directa.

Como determinará os rendementos netos de ambas as dúas actividades nos exercicios 2020 e 2021?

Solución:

No exercicio 2020 determinará o rendemento neto da nova actividade na modalidade normal do método de estimación directa, permanecendo na modalidade simplificada a actividade económica que viña desenvolvendo.A incompatibilidade entre ambas as dúas modalidades do método de estimación directa non producirá efectos ata o ano seguinte, 2021, no que o rendemento neto derivado de ambas as dúas actividades deberá determinarse na modalidade normal do método de estimación directa.


Exemplo 3:

Don A.V.C. inicia o día 1 de xullo de 2020 unha actividade empresarial á que non resulta aplicable o método de estimación obxectiva.O importe neto da cifra de negocios en 2020 ascendeu a 425.000 euros.

Como determinará o rendemento neto da actividade nos exercicios 2020 e 2021?

Solución:

No exercicio 2020 determinará o rendemento neto na modalidade simplificada do método de estimación directa, ao non ter renunciado expresamente á súa aplicación.

No exercicio 2021 deberá aplicar a modalidade normal do método de estimación directa, xa que o importe neto da cifra de negocios elevado ao ano supera os 600.000 euros anuais (425.000 x 12/6 =850.000).