Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Especialidades fiscais das amortizacións na modalidade simplificada

Normativa:Art. 30.1ª Regulamento IRPF

Sen prexuízo do anteriormente comentado para a liberdade de amortización, as amortizacións do inmobilizado material practicaranse de forma lineal, en función da táboa de amortizacións simplificada aprobada por Orde de 27 de marzo de 1998 (BOE do 28), que se reproduce a continuación:

GrupoDescrición Coeficiente lineal máximo (*) Período máximo
(*) Para os activos novos adquiridos entre o 01-01-2003 e o 31-12-2004, os coeficientes de amortización lineais máximos aplicables son o resultado de multiplicar por 1,1 os sinalados no cadro.Estes coeficientes así determinados resultan aplicables durante a vida útil dos activos novos adquiridos no período antes indicado.(Volver)
Táboa de amortizacións simplificada
1 Edificios e outras construcións 3 por 100 68 anos
2 Instalacións, mobiliario, aparellos e resto do inmobilizado material 10 por 100 20 anos
3 Maquinaria 12 por 100 18 anos
4 Elementos de transporte 16 por 100 14 anos
5 Equipos para tratamento da información e sistemas e programas informáticos 26 por 100 10 anos
6 Útiles e ferramentas 30 por 100 8 anos
7 Gando vacún, porcino, ovino e caprino 16 por 100 14 anos
8 Gando equino e froiteiros non cítricos 8 por 100 25 anos
9 Froiteiros cítricos e viñedos 4 por 100 50 anos
10 Oliveiral 2 por 100 100 anos