Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

c) Liberdade de amortización nos supostos contemplados no artigo 12.3 da Lei do Imposto sobre Sociedades

De acordo co que se establece no artigo 12.3 da LIS poderán amortizarse libremente: 

  • Os elementos do inmobilizado material e intanxible, excluídos os edificios, afectos ás  actividades  de investigación e desenvolvemento. Os edificios poderán amortizarse de forma lineal durante un período de 10 anos, na parte que  se achen afectos ás actividades de investigación e desenvolvemento. 
  • Os gastos de investigación e desenvolvemento activado como inmobilizado intanxible, excluídas  as amortizacións dos elementos que gocen de liberdade de amortización.
  • Os elementos do inmobilizado material ou intanxible das entidades que teñan a  cualificación de explotacións asociativas prioritarias de acordo co que se dispón na Lei  19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, adquiridos durante os  cinco primeiros anos a partir da data do seu recoñecemento como explotación prioritaria. 
  • Os elementos do inmobilizado material novo, cuxo valor unitario non exceda de 300  euros, ata o límite de 25.000 euros referidos ao período impositivo. Se o período impositivo  tivese unha duración inferior a un ano, o límite sinalado será o resultado de multiplicar 25.000  euros pola proporción existente entre a duración do período impositivo respecto do ano. As cantidades aplicadas á liberdade de amortización minorarán, a efectos fiscais, o valor dos  elementos  amortizados.