Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

10.Incentivos fiscais ao mecenado:gastos en actividades de interese xeral

Normativa:Art.º 26 Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado

Son deducibles para a determinación do rendemento neto da actividade económica desenvolvida por contribuíntes acollidos ao método de estimación directa, en calquera das súas dúas modalidades, normal ou simplificada, os gastos realizados para os fins de interese xeral a que se refire o artigo 3.1º da citada Lei 49/2002.

De acordo con este artigo teñen tal consideración, entre outros, os de defensa dos dereitos humanos, das vítimas do terrorismo e actos violentos, os de asistencia social e inclusión social, cívicos, educativos, culturais, científicos, deportivos, sanitarios, laborais, de fortalecemento institucional, de cooperación para o desenvolvemento, de promoción do voluntariado, de promoción da acción social, de defensa do medio, de promoción e atención ás persoas en risco de exclusión por razóns físicas, económicas e culturais, de promoción dos valores constitucionais e defensa dos principios democráticos, de fomento da tolerancia, de fomento da economía social, de desenvolvemento da sociedade da información, ou de investigación científica, desenvolvemento ou innovación tecnolóxica e de transferencia da mesma cara ao tecido produtivo como elemento impulsor da produtividade e competitividade empresarial.