Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

11. Outros gastos fiscalmente deducibles (agás provisións)

Poderán incluírse dentro deste concepto os demais gastos que, tendo o carácter de fiscalmente deducibles, non figuren expresamente recollidos nas  anteriores rúbricas.

Sempre que  exista unha axeitada correlación cos ingresos da actividade poden citarse a título de exemplo, entre outros, os seguintes gastos:

  • Adquisición de libros, subscrición a revistas profesionais e adquisición de instrumentos  non amortizables, sempre que teñan relación directa coa actividade.
  • Gastos de asistencia a cursos, conferencias, congresos, etc., relacionados coa actividade.
  • Determinadas cotas satisfeitas polo empresario ou profesional a corporacións, cámaras  e asociacións empresariais legalmente constituídas.