1. Requisitos para considerar un gasto como deducible
Teñen a consideración fiscal de deducibles son gastos que cumpran os seguintes requisitos
a. Que estean vinculados á actividade económica desenvolvida. É dicir, que sexan propios da actividade.
b. Que se encontren convenientemente xustificados.
De acordo co que se dispón no artigo 106.4 da Lei Xeral Tributaria, os gastos deducibles e as deducións que se practiquen, cando estean orixinados por operacións realizadas por empresarios ou profesionais, deberán xustificarse, de forma prioritaria, mediante a factura entregada polo empresario ou profesional que realizase a correspondente operación que cumpra os requisitos sinalados na normativa tributaria.
Agora ben e sen prexuízo do anterior, a factura non constitúe un medio de proba privilexiado respecto da existencia das operacións, polo que unha vez que a Administración cuestiona fundadamente a súa efectividade, corresponde ao obrigado tributario achegar probas sobre a realidade das operacións
c. Que se achen rexistrados na contabilidade ou nos libros-rexistro que con carácter obrigatorio deben levar os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas.