Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

f. Outros servizos exteriores

Inclúense dentro deste concepto aqueles outros servizos de natureza diversa adquiridos para a actividade económica que non formen parte do prezo de adquisición do inmobilizado.

Dentro dos devanditos servizos poden sinalarse, entre outros, os seguintes:

  • Gastos en investigación e desenvolvemento. 
  • Transportes.
  • Servizos bancarios e similares.
  • Publicidade, propaganda e relacións públicas.

Importante: os gastos por atencións a clientes ou provedores serán deducibles co límite do 1 por 100 do importe neto da cifra de negocios do período impositivo.