e. Primas de seguros
Debe incluírse dentro deste concepto as cantidades satisfeitas en concepto de primas de seguros, agás as que se refiren ao personal da empresa.
Ademais, para os efectos de determinar as cantidades deducibles ten que terse en conta a seguinte regra especial do IRPF por gastos por primas de seguro de enfermidade que comentamos a continuación.
Especialidades no IRPF dos gastos por primas de seguro de enfermidade do contribuínte e a súa familia
Normativa: Art. 30.2.5ª.a) Lei IRPF
De acordo co artigo 30.2.5ª.a) da Lei do IRPF teñen a consideración de gasto deducible para a determinación do rendemento neto en estimación directa, as primas de seguro de enfermidade satisfeita polo contribuínte na parte correspondente á súa propia cobertura e á do seu cónxuxe e fillos menores de vinte e cinco anos que convivan con el.
O límite máximo de dedución será de:
- 500 euros por cada unha das persoas sinaladas anteriormente
- 1.500 euros por cada unha delas con discapacidade