5.IVE devindicado
Non deberá computarse dentro dos ingresos íntegros derivados das vendas ou prestacións de servizos realizadas no ámbito da actividade empresarial ou profesional, o IVE devindicado cuxas cotas deban incluírse nas declaracións-liquidacións correspondentes a este imposto.
Pola contra, deberán incluírse entre os ingresos íntegros derivados das vendas ou prestacións de servizos, o IVE devindicado e, no seu caso, as compensacións percibidas cuxas cotas non deban incluírse en declaracións-liquidacións correspondentes a este imposto.
Entre outros supostos, a devandita circunstancia acontecerá cando a actividade económica desenvolvida se encontre nalgún dos seguintes réximes especiais do IVE:
- Réxime Especial da Recarga de Equivalencia.
- Réxime Especial da Agricultura, Gandería e Pesca.