Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Ingresos íntegros computables

Teñen a consideración de ingresos íntegros computables derivados do exercicio de actividades  económicas, empresariais ou profesionais, os seguintes:

Covid-19: teñase en conta que as prestacións por cesamento de actividade  con motivo da emerxencia sanitaria orixinada polo Covid-19 , que se contemplan nos  artigos 17 do Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19 (BOE do 18),  9 do Real Decreto-lei 24/2020, do 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial  (BOE do 27) e  13 do Real decreto – lei 30/2020 do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE do 30)  considéranse rendementos de traballo polo que  non computan como ingresos da actividade económica.

De igual xeito a prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores de tempada prevista no artigo 14 do Real Decreto-lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE do 30) considérase rendemento de traballo persoal e, polo tanto, tampouco  computa como ingreso da actividade económica.

  1. 1. Ingresos de explotación
  2. 2. Ingresos financeiros derivados do adiamento ou fraccionamento de operacións realizadas en desenvolvemento da actividade
  3. 3. Ingresos por subvencións correntes e por subvencións de capital
  4. 4. Autoconsumo de bens e servizos
  5. 5. IVE reportado
  6. 6. Transmisión elementos patrimoniais que gozasen liberdade amortización: exceso amortización deducido respecto amortización deducible
  7. 7. Variación de existencias (só se hai un aumento de existencias ao final do exercicio)
  8. 8. Outros ingresos