Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Concepto e ámbito de aplicación

Normativa:Arts.16.2 b), 31 e disposición transitoria trixésimo segunda Lei IRPF;art.º 32 e ss.Regulamento e Orde HAC/1164/2019

O método de estimación obxectiva resulta aplicable no exercicio 2020 ás actividades agrícolas, gandeiras e forestais, incluídos os traballos, servizos e actividades accesorios realizados polos titulares das devanditas actividades, así como aos procesos de transformación, elaboración ou manufactura de produtos naturais realizadas polos titulares das explotacións das que se obteñan os devanditos produtos, sempre que concorran as circunstancias que mais adiante se indican.