Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

1.Actividades de transformación, elaboración ou manufactura

Farase constar como ingreso o valor dos produtos naturais, vexetais ou animais, utilizados no correspondente proceso produtivo, de acordo cos prezos de mercado destes no momento da súa incorporación ao devandito proceso.Así mesmo, incluiranse, no seu caso, os ingresos correspondentes ao autoconsumo, subvencións e indemnizacións nos termos que máis adiante se comentan.

Importante: se durante o ano 2020 se tivesen transmitido produtos elaborados en exercicios anteriores a 1998, deberá incluírse como ingreso do exercicio 2020 o valor dos produtos naturais utilizados no proceso produtivo, de acordo cos prezos de mercado destes no momento da súa incorporación aos procesos de transformación, elaboración ou manufactura.