Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

3.Autoconsumo e cesións gratuítas

Dentro destes conceptos compréndense as entregas de bens e prestacións de servizos cuxo destino sexa o uso ou consumo particular do titular da actividade ou dos restantes membros da súa unidade familiar (autoconsumo interno), así como as entregas de bens ou prestacións de servizos realizadas a outras persoas de forma gratuíta (autoconsumo externo).

Nun ou outro caso, a valoración para efectos fiscais dos ingresos correspondentes a estas operacións debe realizarse imperativamente polo valor normal de mercado dos bens ou servizos cedidos, ou que fosen obxecto de autoconsumo.