Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

10. Extinción de rendas vitalicias ou temporais

Normativa: Art. 37.1.i) Lei  IRPF

O contrato de renda vitalicia ou temporal pode definirse como aquel contrato aleatorio que obriga o debedor a pagar unha pensión ou rédito anual durante un tempo determinado ou durante a vida dunha ou máis persoas determinadas, a cambio dunha capital en bens mobles ou inmobles, cuxo dominio se lle transfire, desde logo, coa carga da pensión.

Na extinción de rendas vitalicias ou temporais a ganancia ou perda patrimonial computarase, para o obrigado ao pagamento daquelas , por diferenza entre o valor de adquisición do capital recibido e a suma das rendas efectivamente satisfeitas. No referente ao rendeiro, este esgota a súa tributación durante o cobramento da renda.