Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

En xeral: transmisión de valores non cotizados

Norma específica de valoración

Cando a alteración no  valor de patrimonio proceda da transmisión a título oneroso de valores non admitidos a negociación nalgún dos mercados regulados de valores definidos na Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, relativa aos mercados de instrumentos financeiros, que sexan representativos da participación en fondos propios de sociedades ou entidades, a ganancia ou perda patrimonial computarase pola diferenza entre o seu valor de adquisición e o valor de transmisión.

Teñase en conta que a Directiva 2004/39/CE foi derrogada con efectos do 3 de xaneiro de 2017 pola Directiva 2014/65/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativa aos mercados de instrumentos financeiros. Esta, no seu artigo 94, dispón que as referencias á Directiva 2004/39/CE entenderanse feitas á Directiva 2014/65/UE.

• Valor de transmisión

Considerarase como valor de transmisión, agás proba de que o efectivamente satisfeito correspóndese co que convirían partes independentes en condicións normais de mercado, o maior dos dous seguintes:

  1. O valor do patrimonio neto que corresponda aos valores transmitidos resultante do balance  correspondente ao último exercicio cerrado con anterioridade á data da devindicación do Imposto.

  2. O que resulte de capitalizar ao tipo do 20 por 100  o termo medio dos resultados dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data de devindicación do Imposto. A este último efecto, computaranse como beneficios os dividendos distribuídos e as asignacións a reservas, excluídas as de regularización ou de actualización de balances.

    O valor de transmisión así calculado tera en contase para determinar o valor de adquisición dos valores ou participacións que corresponda ao adquirente.

• Valor de adquisición

Na determinación do valor de adquisición deben terse en conta as seguintes particularidades:

  1. Valor de adquisición en caso de transmisión de dereitos de subscrición.

    Para determinar o valor de adquisición das accións transmitidas unicamente deducirase o importe dos dereitos de subscrición alleada antes do 23 de marzo de 1989, data de entrada en vigor do Real Decreto-lei 1/1989, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo).

    O alleamento de dereitos de subscrición preferente derivados desta clase de accións  determina que o importe obtido teña en todo caso a consideración de ganancia patrimonial  para o transmitente no período impositivo en que se produza a devandita transmisión, sen que poida computarse, nestes casos, un valor de adquisición dos devanditos dereitos e para o que se tomará como período de permanencia o comprendido entre o momento da adquisición do valor de que proceda o dereito e o da transmisión deste último.

  2. Valor de adquisición das accións parcialmente liberadas.

    Cando se trate de accións parcialmente liberadas, o valor de adquisición das mesmas será o importe realmente satisfeito polo contribuínte.

  3. Valor de adquisición das accións totalmente liberadas.

    No caso de accións totalmente liberadas, o valor de adquisición, tanto destas como de que procedan, será o que resulte de repartir o custo total entre o número de títulos, tanto os antigos coma os liberados que correspondan. Estes últimos terán, para os efectos do período de permanencia, a mesma antigüidade que as accións de procedencia.

• Identificación dos títulos transmitidos

Para poder individualizar os títulos alleados, especialmente cando non se transmitise a totalidade dos posuídos, a Lei establece un criterio especial, segundo o cal  cando existan valores homoxéneos e non se alleen todos, enténdese que os transmitidos polo contribuínte son aqueles que adquiriu en primeiro lugar  (criterio FIFO).