Comunidade Autónoma de Cantabria
Os contribuíntes que en 2021 tivesen a súa residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Cantabria poderán aplicar as seguintes deducións autonómicas:
- Por arrendamento de vivenda habitual por mozos, maiores e persoas con discapacidade
- Por coidado de familiares
- Por obras de mellora
- Por donativos a fundacións ou ao Fondo Cantabria Coopera ou a Asociacións que persigan entre os seus fins o apoio a persoas con discapacidade
- Por acollemento familiar de menores
- Por investimento na adquisición de accións e participacións sociais de novas entidades ou de recente creación
- Por gastos de enfermidade
- Por gastos de gardaría
- Para familias monoparentais
- Por nacemento e adopción de fillos
- Por contratos de arrendamento de vivendas situadas en zonas de Cantabria en risco de despoboamento e que constitúan ou vaian constituír a vivenda habitual do arrendatario
- Por gastos de gardaría para contribuíntes que teñan a súa residencia habitual en zonas rurais de Cantabria en risco de despoboamento
- Polos gastos ocasionados ao trasladar a residencia habitual a unha zona de Cantabria en risco de despoboamento por motivos laborais por conta allea ou por conta propia
- Por investimentos ou doazóns a entidades da Economía Social establecida en Cantabria