Por nacemento e adopción de fillos
Normativa: Art. 2.10 Texto Refundido da Lei de Medidas Fiscais en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 62/2008, do 19 de xuño, pola Comunidade Autónoma de Cantabria.
Contía da dedución
100 euros por cada fillo nado ou adoptado durante o período impositivo.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
A dedución corresponderá ao contribuínte con quen conviva o fillo nado ou adoptado á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
Non hai dereito á dedución por un fillo que falecese no ano, nun día distinto ao 31 de decembro, ao non existir convivencia con el na data de devindicación do imposto.
-
Que a suma da base liquidable xeral e a base liquidable do aforro, suma dos recadros [0500] e [0510] da declaración, minorada no mínimo persoal e familiar, recadro [0520], sexa inferior a 31.485 euros.
-
Cando máis dunha persoa teña dereito á aplicación da dedución o seu importe ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .