Por residir habitualmente nun municipio en risco de despoboamento
Normativa: Art. 4.Un.aa) Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e restantes tributos cedidos, da Comunitat Valenciana.
Contías da dedución
-
300 euros
-
O importe anterior incrementarase en:
-
120 euros no caso de que o contribuínte teña dereito á aplicación do mínimo por descendentes por unha persoa.
-
180 euros no caso de que o contribuínte teña dereito á aplicación do mínimo por descendentes por dúas persoas
-
240 euros no caso de que o contribuínte teña dereito á aplicación do mínimo por descendentes por tres ou máis persoas.
Precisións para a aplicación das contías incrementadas :
-
O importe do incremento é único en función do número de descendentes.
-
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación do mínimo por descendentes por unha mesma persoa e cumpran os requisitos esixidos os importes adicionais ratearanse entre eles por partes iguais.
-
Os descendentes que hai que ter en conta, para os efectos de determinar as contías incrementadas aplicables, son só aqueles polos que se ten dereito a aplicar o mínimo por descendentes e que, ademais, non dan dereito ás deducións “Por nacemento, adopción ou acollemento familiar”, “Por nacemento ou adopción múltiple” e “Por nacemento ou adopción fillos con discapacidade” (véxase ao respecto o apartado “Incompatibilidade” desta dedución).
Exemplo:
O contribuínte don A.R. reside en municipio con risco de despoboamento e ten dous descendentes polos que pode aplicarse o mínimo por descendentes de nais distintas: o seu ex cónxuxe dona B.S. que reside en Valencia capital, e o seu cónxuxe actual dona C.H, que non ten outros fillos, e coa que convive.
Determinar o importe da dedución que corresponde a cada un e o que correspondería don A.R e dona C.H. se presentarán declaración conxunta.
Solución:
-
Importe da dedución aplicable por don A.R: 300 + 120 + [(180-120) ÷2] = 450
A dedución aplicable será o resultado de sumar a 300 euros o incremento da dedución: 120 euros polo fillo que convive en Valencia capital con dona B.S. e polo que só don A.R. ten dereito á dedución máis 30 euros polo fillo en común con dona C.H. que resulta da diferenza entre o incremento que correspondería a don AR. na súa declaración individual (180 euros) menos o importe correspondente ao fillo común con C.H (120 euros) dividido entre dous.
-
Importe da dedución aplicable por dona B.S: non ten dereito á dedución porque non reside nun municipio en risco de despoboamento
-
Importe da dedución aplicable por dona C.H: 300 + (120 ÷ 2) = 360
Neste caso o incremento será de 120 euros por ter o contribuínte dereito á aplicación do mínimo por un descendente e procederá o rateo porque don A.R: tamén ten dereito)
-
Importe da dedución aplicable en caso de declaración conxunta de don A.R e dona C.H.: 300 +120 + (180-120) = 480
En caso de declaración conxunta a dedución aplicable será o resultado de sumar a 300 euros o incremento da dedución que corresponda polo fillo de don A.R. e dona B.S. que son 120 euros máis a diferenza entre o incremento que correspondería a don AR. na súa declaración individual (180 euros) menos o importe correspondente ao fillo común con C.H (120 euros).
Condicións para a aplicación da dedución
-
Con respecto á residencia habitual estarase ao concepto de residencia habitual recollido na normativa estatal reguladora do imposto.
-
Municipios en risco de despoboamento.
1. Aos efectos da consideración dun municipio como en risco de despoboamento deberá ser beneficiario do Fondo de Cooperación Municipal para a loita contra o despoboamento dos municipios da Comunitat Valenciana no exercicio orzamentario en que se produza a devindicación do imposto ou no anterior por cumprir, polo menos, cinco dos seguintes requisitos:
-
Densidade de poboación. Número de habitantes: inferior ou igual aos vinte habitantes por quilómetro cadrado.
-
Crecemento demográfico. Taxa de crecemento da poboación no período comprendido nos últimos vinte anos: menor ou igual ao cero por cento.
-
Taxa de crecemento vexetativo. Porcentaxe que representa o saldo vexetativo (diferenza entre nacementos e defuncións) sobre a poboación no período comprendido entre os últimos vinte anos: menor ou igual a-10%.
-
Índice de avellentamento. Porcentaxe que representa a poboación maior de 64 anos sobre a poboación menor de 16 anos: maior ou igual ao douscentos cincuenta por cento.
-
Índice de dependencia. Cociente entre a suma da poboación de menores de 16 anos e maiores de 64 e a poboación de 16 a 64 anos, multiplicado por 100: maior ou igual ao sesenta por cento.
-
Taxa migratoria. Porcentaxe que representa o saldo migratorio no período comprendido entre os últimos dez anos (diferenza entre as entradas e saídas de poboación por motivos migratorios) sobre a poboación total do último ano: menor ou igual a cero.
Estes datos determinaranse de conformidade coas cifras de poboación aprobada polo Goberno que figuren no último padrón municipal vixente, e de estatísticas oficiais publicadas polo Instituto Nacional de Estatística, polo Instituto Valenciano de Estatística e datos oficiais das administracións públicas.
2. Tamén ostentarán a devandita condición os municipios que, aínda sen cumprir os requisitos sinalados, pertenzan a áreas funcionais cunha densidade demográfica igual ou inferior a 12,5 habitantes por quilómetro cadrado. As áreas funcionais determinaranse de conformidade cos datos oficiais sobre demarcacións territoriais inscritos no Rexistro de Entidades Locais da Comunitat Valenciana, creado por Decreto 15/2011, do 18 de febreiro, do Consell.
Vexanse ao respecto as Resolucións do 11 de xuño de 2020 (DOCV 17-junio-2020) e do 5 de agosto (DOCV 09-agosto-2021), da Generalitat, sobre a asignación da liña específica do Fondo de Cooperación Municipal para a loita contra o despoboamento dos municipios da Comunitat Valenciana correspondente a cada entidade beneficiaria, para os exercicios orzamentarios 2020 e 2021, respectivamente.
-
-
No caso de tributación conxunta aplícanse os mesmos importes da dedución que se establecen para os efectos da tributación individual.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible, para o mesmo descendente ou asimilado, coas deducións “Por nacemento, adopción ou acollemento familiar”, “Por nacemento ou adopción múltiple” e “Por nacemento ou adopción de de fillos con discapacidade".
-