Formalización, presentación e ingreso das autoliquidacións complementarias
A nova autoliquidación recollerá a totalidade dos datos que deban ser declarados, incorporando, xunto aos correctamente reflectidos na autoliquidación orixinaria, os de nova inclusión ou modificación.
Unha vez determinado o resultado da autoliquidación complementaria, procederase a efectuar a correspondente regularización. Para tal fin, restarase do resultado da autoliquidación complementaria o importe que se ingresou na autoliquidación orixinaria, se esta foi positiva, ou ben se lle sumará a devolución percibida, se resultou a devolver; o resultado obtido é a cota que deberá ser ingresada como consecuencia da autoliquidación complementaria.
Importante: o ingreso das autoliquidacións complementarias, sexa cal for o exercicio que é obxecto de regularización, nunca poderá fraccionarse en dous prazos.