Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Delimitación positiva do feito impoñible

Normativa: Art. 6 Lei IRPF

Constitúe o feito impoñible do IRPF a obtención de renda polo contribuínte cuxos compoñentes son os seguintes:

  1. Os rendementos do traballo.
  2. Os rendementos do capital.
  3. Os rendementos das actividades económicas.
  4. As ganancias e perdas patrimoniais.
  5. As imputacións de renda establecidas por lei.

Non obstante, para os efectos da determinación da base impoñible e do cálculo do IRPF, a renda clasifícase en xeral e do aforro .

Por expresa disposición legal, presúmense retribuídas, agás proba en contrario, as prestacións de bens, dereitos ou servizos susceptibles de xerar rendementos do traballo ou do capital.