f) Pensións compensatorias recibidas do cónxuxe e anualidades por alimentos
Considéranse rendementos do traballo as pensións compensatorias recibidas do cónxuxe e as anualidades por alimentos, exceptuadas as percibidas dos pais en virtude de decisión xudicial que se declaran exentas.
Ambas as dúas reducen a base impoñible de quen satísfaias.
As reducións na base impoñible por pensións compensatorias e anualidades por alimentos coméntanse no capítulo 13 deste manual.