g) Dereitos especiais de contido económico que se reserven os fundadores ou promotores dunha sociedade
Normativa: véxase tamén o art. 47 Regulamento IRPF
Considéranse rendementos do traballo os dereitos especiais de contido económico que se reserven os fundadores ou promotores dunha sociedade como remuneración de servizos persoais.
Con esta finalidade os dereitos especiais de contido económico que se reserven os fundadores ou promotores dunha sociedade como remuneración de servizos persoais, cando consistan nunha porcentaxe sobre os beneficios da entidade, valoraranse, como mínimo , no 35 por 100 do valor equivalente de capital social que permita a mesma participación nos beneficios que a recoñecida aos citados dereitos.