i) Retribucións a colaboradores en actividades humanitarias ou de asistencia social
Considéranse rendementos do traballo as retribucións percibidas por quen colaboren en actividades humanitarias ou de asistencia social promovidas por entidades sen ánimo de lucro.
Debe entenderse por asistencia social "o conxunto de accións e actividades desenvolvidas polo Sector Público ou por Entidades ou persoas privadas fóra do marco da Seguridade Social, destinando medios económicos, persoais ou organizatorios a atender, fundamentalmente, estados de necesidade e outras carencias de determinados colectivos (anciáns, menores e mozos, minorías étnicas, drogadictos, refuxiados e asilados, etc.) ou outras persoas en estado de necesidade, marxinación ou risco social”.