Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

j) Retribucións derivadas de relacións laborais de carácter especial

Teñen a  consideración de rendementos do traballo as  retribucións derivadas de relacións laborais de carácter especial.

Con esta finalidade, se conside­ran relacións laborais especiais, de acordo co artigo 2 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (BOE do 24 de outubro), as seguintes:

  • Persoal de alta dirección (Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto).

  • Persoal ao servizo do fogar familiar (Real decreto 1620/2011, do 14 de novembro).

  • Penados en Institucións Penitenciarias (Real decreto 782/2001, do 6 de xullo).

  • Deportistas profesionais (Real decreto 1006/1985, do 26 de xuño).

  • Artistas que desenvolven a súa actividade nas artes escénicas, audiovisuais e musicais, así como as persoas que realizan actividades técnicas ou auxiliares necesarias para o desenvolvemento da devandita actividade (Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto).

    Teñase en conta que  en 2022 o Real decreto 1435/1985 foi modificado polo Real Decreto-lei 5/2022, do 22 de marzo, polo que se adapta o réxime da relación laboral de carácter especial das persoas dedicadas ás actividades artísticas, así como ás actividades técnicas e auxiliares necesarias para o seu desenvolvemento, e mellóranse as condicións laborais do sector (BOE do 23 de marzo).

  • Persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresa­rios sen asumir o risco e ventura daquelas (Real decreto 1438/1985, do 1 de agosto).

  • Traballadores con discapacidade que presten os seus servizos nos centros especiais de emprego (Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo).

  • Menores sometidos á execución de medidas de internamento para o cumprimento da súa responsabilidade penal (Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo).

  • Actividade de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde (Real decreto 1146/2006, do 6 de outubro).

  • Actividade profesional dos avogados que prestan servizos en despachos de avogados, individuais ou colectivos (disposición adicional primeira da Lei 22/2005, do 18 de novembro, e Real decreto 1331/2006, do 17 de novembro).

  • Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carác­ter especial por unha lei.

Importante: cando os rendementos derivados das relacións laborais especiais de artistas  e dos axentes comerciais e comisionistas supon­gan a ordenación por conta propia de medios de produción e de recursos humanos ou dun de ambos os dous, coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos, cualificaranse como rendementos de actividades económicas (Art. 17.3 Lei IRPF ).