Esquema xeral
Fase 1ª:
(+) Importe íntegro reportado (retribucións monetarias).
(+) Valoración fiscal máis ingreso a conta non repercutido (retribucións en especie).
(+) Contribucións empresariais a sistemas de previsión social (importes imputados).
(+) Achegas ao patrimonio protexido de persoas con discapacidade.
(-) Reducións aplicables sobre os seguintes rendementos:
- Xerados nun prazo superior a dous anos.
- Obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.
- Prestacións percibidas de réximes públicos de previsión social.
- Prestacións percibidas de sistemas privados de previsión social (réxime transitorio).
(=) Rendemento íntegro do traballo.
Fase 2ª:
(-) Gastos deducibles:
- Cotizacións á Seguridade Social ou a mutualidades obrigatorias de funcionarios.
- Detracciones por dereitos pasivos.
- Cotizacións a colexios de orfos ou institucións similares.
- Cotas satisfeitas a sindicatos.
- Cotas satisfeitas a Colexios profesionais, se a colexiación é obrigatoria.
- Gastos de defensa xurídica en litixios co empregador.
(=) Rendemento neto previo do traballo.
Outros gastos:
- Contía fixa aplicable con carácter xeral: 2000 euros.
- Incremento por mobilidade xeográfica.
- Incremento para traballadores activos con discapacidade.
(=) Rendemento neto do traballo.
Fase 3ª:
(-) Redución por obtención de rendementos de traballo (só para contribuíntes con rendementos netos de traballo inferiores a 16.825 euros e rendas distintas ás de traballo que non superen 6.500 euros).
(=) Rendemento neto reducido do traballo.