Cadro: cualificación fiscal dos rendementos obtidos no desenvolvemento de determinadas actividades
Actividade | Situacións | Cualificación |
---|---|---|
Profesores |
En academia propia |
Empresarial |
A domicilio, clases particulares |
Profesional |
|
En Institutos, Colexios, Universidades, etc., con relación laboral ou estatutaria |
Traballo |
|
Axentes comerciais e comisionistas |
Achegan ou aproximan ás partes interesadas sen asumir o risco e ventura das operacións |
Profesional |
Asumen o risco e ventura das operacións mercantís ou operan en nome propio |
Empresarial |
|
Con relación laboral (de carácter común ou especial) coa empresa que representan sen ordenación por conta propia de medios de produción e / ou recursos humanos |
Traballo |
|
Avogados |
Cantidades percibidas en quenda de oficio |
Profesional |
Cantidades percibidas no exercicio libre da súa profesión |
Profesional |
|
Cantidades percibidas a soldo dunha empresa (aínda que figuren inscritos nos seus respectivos Colexios profesionais) |
Traballo |
|
Propiedade intelectual ou industrial |
Autores que editan as súas propias obras |
Empresarial |
Autores que non editan as súas propias obras e ordenan por conta propia medios de produción |
Profesional |
|
Autores que non editan as súas obras e non ordenan medios de produción |
Traballo |
|
Conferencias, coloquios, seminarios e similares |
Con carácter xeral |
Traballo |
Se existe ordenación por conta propia de medios de produción |
Profesional |
|
Mensaxeiros |
Traballo |
|
Axentes, subaxentes e corredores de seguros e os seus colaboradores mercantís (1) |
Profesional |
|
Vendedores do cupón da ONCE |
Traballo |
|
Expendedores oficiais da rede comercial da entidade pública empresarial das Loterías y Apuestas del Estado (LAE) |
Profesional |
|
Farmacéuticos |
Venda de produtos farmacéuticos |
Empresarial |
Análise e elaboración de fórmulas maxistrais |
Profesional |
|
Notarios, Rexistradores e Axentes de Aduanas |
Profesional |
(1) Os traballadores de entidades aseguradoras ou dos mediadores anteriores, aínda que produzan excepcionalmente algún seguro, perciben rendementos do traballo. (Volver)