1. Redución xeral: 15 por 100
Normativa: disposición adicional oitava Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro (BOE do 1 de decembro) e disposición adicional primeira Orde HFP/1335/2021, do 1 de decembro (BOE do 2 de decembro).
Para 2022 estableceuse unha redución do rendemento neto de módulos do 15 por 100 aplicable con carácter xeral a todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade polo método de estimación obxectiva.
Atención: a disposición adicional oitava da Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2023 o método de estimación obxectiva do IRPF , elevou do 5 ao 15 por 100 a redución xeral prevista na disposición adicional primeira da Orde HFP/1335/2021.