Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Cálculo da dedución

Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra que corresponda á súa declaración individual polo IRPF o resultado das seguintes operacións:

1º. súmanse as seguintes cantidades:

  • As cotas íntegras estatais e autonómicas minoradas nas deducións previstas nos artigos 67 e 77 da Lei do IRPF, dos membros da unidade familiar contribuíntes polo IRPF

  • As cotas polo Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondentes ás rendas obtidas en territorio español nese mesmo período impositivo polo resto de membros da unidade familiar.

A continuación, represéntase de forma gráfica esta operación 1.

 Σ Cota líquida previa estatal + Cota líquida previa autonómica + Cota IRNR = Contía obtida (C1)
Cota líquida previa estatal =Cota líquida previa autonómica =
Esquema de operación 1ª
(+) Cota íntegra estatal (+) Cota íntegra autonómica
(-) Deducións do artigo 67 Lei do IRPF:
  • 50% Dedución por investimento en vivenda habitual
  • 100% Dedución por investimento en empresas de nova ou recente creación
  • 50% Dedución por actuacións para a protección e difusión do Patrimonio Histórico Español e das cidades, conxuntos e bens declarados de Patrimonio Mundial
  • 50% Dedución por donativos e outras achegas
  • 50% Dedución por incentivos e estímulos ao investimento empresarial
  • 50% Dedución por dotacións á Reserva para Investimentos nas Canarias (Lei 19/1994)
  • 50% Dedución por rendementos derivados da venda de bens corporais producidos nas Canarias (Lei 19/1994)
  • 50% Dedución por rendas obtidas en Ceuta ou Melilla
  • 50% Dedución por residencial habitual e efectiva na illa da Palma
  • 50% Dedución por alugamento da vivenda habitual. Réxime transitorio
  • 100 % Deducións por obras de mellora de eficiencia enerxética en vivendas
(-) Deducións do artigo 77 Lei do IRPF:
  • 50% Dedución por investimento en vivenda habitual
  • 50% Dedución por actuacións para a protección e difusión do Patrimonio Histórico Español e das cidades, conxuntos e bens declarados de Patrimonio Mundial
  • 50% Dedución por donativos e outras achegas
  • 50% Dedución por incentivos e estímulos ao investimento empresarial
  • 50% Dedución por dotacións á Reserva para Investimentos nas Canarias (Lei 19/1994)
  • 50% Dedución por rendementos derivados da venda de bens corporais producidos nas Canarias (Lei 19/1994)
  • 50% Dedución por rendas obtidas en Ceuta ou Melilla
  • 50% Dedución por residencial habitual e efectiva na illa da Palma
  • 50% Dedución por alugamento da vivenda habitual. Réxime transitorio
  • 100% Deducións autonómicas

2º. determínase a cota líquida total que resultase de poder optar por tributar conxuntamente co resto dos membros da unidade familiar (C2).

Para o devandito cálculo soamente teran en contase, para cada fonte de renda, a parte das rendas positivas dos membros non residentes integrados na unidade familiar que excedan das rendas negativas obtidas por estes últimos.

Importante: entenderase, a estes exclusivos efectos, que todos os membros da unidade familiar son contribuíntes polo IRPF.

3º. réstase da contía obtida no número 1. (C1) a cota a que se refire o número 2. (C2). Cando a devandita diferenza sexa negativa, a cantidade que hai que computar será cero. Polo tanto:

  • C1 − C2 é menor ou igual que 0: Non procede dedución

  • C1 − C2 é maior que 0: Procede dedución

4º. deducirase da cota íntegra estatal e autonómica, unha vez efectuadas as deducións previstas nos artigos 67 e 77 da Lei do IRPF, a contía prevista no número 3. da forma seguinte :

  • Minorarase a cota íntegra estatal na proporción que representen as cotas do Imposto sobre a Renda de non Residentes respecto da contía total prevista no número 1., e

  • o resto minorará a cota íntegra estatal e autonómica por partes iguais.

Cando sexan varios os contribuíntes do IRPF integrado na unidade familiar, esta minoración efectuarase de forma proporcional ás respectivas cotas íntegras, unha vez efectuadas as deducións previstas nos artigos 67 e 77 desta Lei, de cada un deles .