Por investimento en entidades da economía social
Normativa: Art. 110-19 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro
Contía da dedución e límite máximo
-
O 20 por 100 das cantidades investidas durante o exercicio nas achegas realizadas coa finalidade de ser socio en entidades que formen parte da economía social a que se refire o apartado seguinte.
-
O importe máximo desta dedución é de 4.000 euros, tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
A aplicación desta dedución está suxeita ao cumprimento dos requisitos e condicións seguintes:
-
A participación acadada polo contribuínte, computada canda as do cónxuxe ou persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non poderá ser superior ao 40 por 100 do capital da entidade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto.
-
A entidade en que debe materializarse o investimento terá que cumprir os seguintes requisitos :
-
Formar parte da economía social, nos termos previstos na Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social (BOE do 30 de marzo).
De acordo co artigo 6 da Lei 5/2011:"O Ministerio de Traballo e Inmigración (actualmente o Ministerio de Traballo e Economía Social), previo informe do Consello para o Fomento da Economía Social, e en coordinación coas Comunidades Autónomas, elaborará e manterá actualizado un catálogo dos diferentes tipos de entidades integrantes da economía social, tendo en conta os principios establecidos na presente lei e de forma coordinada cos catálogos existentes no ámbito autonómico.
Os catálogos de entidades de economía social deberán ser públicos. A publicidade farase efectiva por medios electrónicos.
-
Ter o seu domicilio social e fiscal en Aragón.
-
Contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, e dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social.
-
-
Os requisitos establecidos nos puntos 1, 2 e 3 anteriores deberán cumprirse durante un período mínimo de cinco anos contado desde a achega.
-
As operacións en que sexa de aplicación a dedución deberán formalizarse en escritura pública, en que se fará constar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
-
As achegas terán que manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de cinco anos.
Perda do dereito á dedución practicada
O incumprimento dos requisitos e condicións establecidas nas letras a, d e e anteriores comportará a perda do beneficio fiscal e, en tal caso, o contribuínte deberá incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio en que se producise o incumprimento a parte do imposto que se deixase de pagar como consecuencia da dedución practicada, canda os xuros de mora reportados.
Incompatibilidade
Esta dedución será incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións "Por investimento en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo Bolsista" e "Por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación".
Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica por investimentos ou doazóns a entidades da Economía Social establecida en Aragón, Cantabria e Castela-A Mancha "do Anexo B.8 da declaración en que, ademais do importe do investimento con dereito a dedución, deberá facerse constar o NIF da entidade e, se existe, da segunda entidade, indicando o importe do investimento con dereito á dedución no recadro correspondente.