Límites comúns e obrigas formais para aplicar as deducións
Normativa: Art. 18 Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Límites comúns
-
A suma das deducións aplicadas sobre a cota íntegra autonómica en ningún caso poderá superar o importe da mesma.
-
Sobre un mesmo ben non se poderá aplicar máis dunha das deducións autonómicas.
En consecuencia, non poden aplicarse simultaneamente as deducións autonómicas por investimento en vivenda habitual e por obras de adecuación da vivenda habitual cando os importes que as orixinan estean referidos a unha mesma vivenda, aínda que as cantidades investidas sexan diferentes.
Obrigas formais
-
Os contribuíntes do IRPF están obrigados a conservar durante o prazo de prescrición os xustificantes e documentos que acrediten o dereito a gozar das deducións da cota que aplicasen efectivamente.
-
Mediante Orde do conselleiro da Comunidade Autónoma das Canarias competente en materia tributaria poderanse establecer obrigas de xustificación e información para o control das deducións a que se refire o apartado anterior.