Por trasladar a residencia habitual a outra illa do Arquipélago para realizar unha actividade laboral por conta allea ou unha actividade económica
Normativa: Art. 8 Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Contía da dedución
300 euros no período impositivo en que se produza o cambio de residencia e no seguinte.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
O traslado da residencia habitual desde a illa en que resida a calquera das demais illas do Arquipélago debe vir motivado pola realización dunha actividade laboral por conta allea ou unha actividade económica.
-
Para consolidar o dereito á dedución , é preciso que o contribuínte permaneza na illa de destino durante o ano en que se produce o traslado e os tres seguintes.
Atención: o incumprimento de calquera dos dous requisitos anteriores dará lugar á integración das cantidades deducidas na cota íntegra autonómica do exercicio en que se produza o incumprimento, cos correspondentes xuros de mora.
-
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro. recadros [0435] e [0460] da declaración correspondente ao exercicio en que se orixina o dereito á dedución, non sexa superior a :
Límite máximo da dedución
O importe da dedución non poderá exceder da parte autonómica da cota íntegra procedente dos rendementos do traballo e de actividades económicas en cada un dos dous exercicios en que resulte aplicable a dedución.
Particularidades en caso de tributación conxunta
No suposto de tributación conxunta, a dedución de 300 euros aplicarase, en cada un dos dous períodos impositivos en que sexa aplicable a dedución, por cada un dos contribuíntes que traslade a súa residencia nos termos anteriormente comentados, co límite da parte autonómica da cota íntegra procedente de rendementos do traballo e de actividades económicas que corresponda aos contribuíntes que xeren dereito á aplicación da dedución.
Cando ambos os dous cónxuxes trasladasen a residencia a outra illa para realizar unha actividade, o límite da dedución en tributación conxunta calcúlase de forma conxunta para ambos os dous.