Por investimentos ou doazóns a entidades da Economía Social establecida en Cantabria
Normativa: Art. 2.12 Texto Refundido da Lei de Medidas Fiscais en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 62/2008, do 19 de xuño, pola Comunidade Autónoma de Cantabria
Contías e límite conxunto da dedución
-
O 20 por 100 das cantidades investidas s durante o exercicio nas achegas realizadas coa finalidade de ser socio en entidades que formen parte da Economía Social a que se refire o apartado seguinte.
-
O 50 por 100 das cantidades doadas, con carácter irrevogable, a entidades que formen parte da Economía social para o desenvolvemento de actividades económicas tanto novas como de afianzamento das xa realizadas.
-
O 25 por 100 das cantidades doadas, con carácter irrevogable, a entidades que formen parte da Economía social para a realización de actividades de fomento e difusión da Economía social, nos termos previstos no artigo 8 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social (BOE do 30 de marzo).
-
Límite conxunto: O importe máximo conxunto dos tres supostos contemplados desta dedución é de 3.000 euros, tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.
Atención : ningunha cantidade pode ser obxecto de dedución simultaneamente en dous ou máis das modalidades desta dedución.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
A aplicación desta dedución está suxeita ao cumprimento dos requisitos e condicións seguintes
a) A participación acadada polo contribuínte, computada canda as do cónxuxe ou persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non poderá ser superior ao 40 por 100 do capital da entidade obxecto do investimento ou doazón.
b) A entidade en que debe materializarse o investimento ou doazón terá que cumprir os seguintes requisitos:
-
Formar parte da economía social, nos termos previstos na Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social e estar inscrita nos rexistros ou catálogos establecidos que recoñezan a condición de entidade de economía social.
De acordo co artigo 6 da Lei 5/2011:
"O Ministerio de Traballo e Inmigración, previo informe do Consello para o Fomento da Economía Social, e en coordinación coas Comunidades Autónomas, elaborará e manterá actualizado un catálogo dos diferentes tipos de entidades integrantes da economía social, tendo en conta os principios establecidos na presente lei e de forma coordinada cos catálogos existentes no ámbito autonómico.
Os catálogos de entidades de economía social deberán ser públicos. A publicidade farase efectiva por medios electrónicos."
Nota : teñase en conta que o Ministerio de Traballo e Inmigración é actualmente o Ministerio de Traballo e Economía Social.
-
Ter o seu domicilio social e fiscal en Cantabria.
-
Contar, en termo medio anual, cunha persoa ocupada con contrato laboral
Os requisitos establecidos nos puntos 1, 2 e 3 anteriores deberán cumprirse durante un período mínimo de tres anos contado desde a achega ou doazón.
-
-
As operacións en que sexa de aplicación a dedución deberán formalizarse en escritura pública, en que se fará constar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
-
Para ter dereito a esta dedución débese acreditar a efectividade da doazón e o valor da mesma mediante certificación emitida pola entidade donataria.
-
As entregas ou doazóns que forman a base desta dedución d eberán realizarse mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás entidades que reciban a doazón.
En ningún caso, darán dereito a practicar esta dedución as achegas ou doazóns satisfeitas mediante entregas de diñeiro en efectivo.
-
No caso da dedución do 20 por 100 das cantidades investidas durante o exercicio nas achegas realizadas coa finalidade de ser socio en entidades que formen parte da Economía Social, esíxese que a participación no capital adquirido como consecuencia do investimento realizado, terá que manterse no réxime de patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de cinco anos.
Perda do dereito á dedución practicada
O incumprimento dos requisitos e condicións establecidas nos apartados anteriores comportará a perda do beneficio fiscal e, en tal caso, o contribuínte deberá incluír na declaración do IRPF correspondente ao exercicio en que se producise o incumprimento a parte do imposto que se deixase de pagar como consecuencia da dedución practicada, canda os xuros de mora reportados.
Incompatibilidade
Esta dedución será incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións "Por donativos a fundacións ou ao Fondo Cantabria Coopera." e "Dedución por investimento na adquisición de accións e participacións sociais de novas entidades ou de recente creación".
Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán cubrir o apartado "Información adicional á dedución autonómica de Cantabria por investimentos ou doazóns a entidades da Economía Social establecida en Cantabria e á dedución autonómica de Aragón por investimento en entidades da economía social" do Anexo B.8 da declaración en que, ademais do importe do investimento con dereito a dedución, deberá facerse constar o NIF da entidade e, se existe, da segunda entidade, indicando o importe do investimento con dereito á dedución no recadro correspondente.