Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Por familia numerosa

Normativa: Art. 2 e 13  Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias

Contías da dedución

  • En xeral:

    • - 200 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.

    • - 400 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

  • Cando algún do cónxuxes ou descendentes, aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do IRPF, teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 e xeren o dereito á aplicación do mínimo por discapacidade, a dedución será:

    • - 300 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.

    • - 900 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

Requisitos e outras condicións

  • O contribuínte debe ter recoñecida a condición de familia numerosa, de conformidade co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).

    De acordo co artigo 5.1 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, a condición de familia numerosa acreditarase mediante o título oficial establecido para ese fin.

  • Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro, recadros [0435] e [0460] do contribuínte non supere :

    • - 27.000 euros en tributación individual.

    • -36.000 euros en tributación conxunta.

  • Para a aplicación desta dedución teran en contase as normas para a aplicación do mínimo por descendentes, e discapacidade contida na Lei do IRPF.

    Non obstante, cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos descendentes e algún deles non cumpra o requisito anterior (isto é, cando a suma da base impoñible xeral e a do aforro, sexa superior a 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta),  o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible coa dedución “Por arrendamento de vivenda habitual por familias numerosas”.