Por determinadas subvencións e / ou axudas obtidas a consecuencia dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017
Normativa: Art. 5. Dezaseis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
-
O importe da devandita dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame á parte da base liquidable xeral que corresponda á devandita subvención ou axuda.
-
A dedución poderase aplicar unicamente cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra ayuda pública obtida da Comunidade Autónoma de Galicia das incluídas no Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.