Para os declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición
Normativa: Art. 6 Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
-
Por cada contribuínte e, se é o caso, por cada membro da unidade familiar, residente na Comunidade Autónoma das Illes Balears, que teñan a consideración legal de persoas con discapacidade, establécense as deducións seguintes segundo a natureza e grao da súa discapacidade:
-
88 euros en caso de discapacidade física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 e inferior ao 65 por 100.
-
165 euros en caso de discapacidade física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 por 100.
-
165 euros en caso de discapacidade psíquica de grao igual ou superior ao 33 por 100.
Con respecto aos graos de discapacidade véxase a disposición adicional primeira do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño.
Atención: teñase en conta que, para os contribuíntes que falecesen con anterioridade ao 31 de decembro de 2022, os importes da dedución segundo a natureza e grao da súa discapacidade serán: .
-
80 euros en caso de discapacidade física ou sensorial de grao igual ou superior ao 33 e inferior ao 65 por 100.
-
150 euros en caso de discapacidade física ou sensorial de grao igual ou superior ao 65 por 100.
-
150 euros en caso de discapacidade psíquica de grao igual ou superior ao 33 por 100.
-
-
A aplicación desta dedución está condicionada a que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes contías:
Atención: teñase en conta que, como consecuencia das distintas modificacións que sufriu o artigo 6 durante o ano 2022, encontrámosnos cos seguintes límites cuantitativos:
-
Para contribuíntes falecidos entre o 1 de xaneiro e o 30 de marzo de 2022, a suma das bases impoñibles xerais e do aforro (recadros [0435] e [0460]), menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes (recadros [0512] e [0514]) non poderá superar 12.500 euros en tributación individual.
-
Para contribuíntes falecidos entre o 31 de marzo e o 30 de decembro de 2022, a suma das bases impoñibles xerais e do aforro (recadros [0435] e [0460]), menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes (recadros [0512] e [0514]), non poderá superar 13.750 euros en tributación individual.
-
Para o resto dos contribuíntes o importe da dedución non pode exceder de 33.000 euros no caso de tributación individual e de 52.800 euros no caso de tributación conxunta.
- No caso de que o cónxuxes tributen de forma individual e teñan dereito á aplicación do mínimo familiar por descendentes, cada un terá dereito a aplicarse integramente a dedución. Tamén resulta aplicable a dedución pola discapacidade do cónxuxe, ao formar parte da unidade familiar, con independencia de que este último o aplique na súa propia declaración.