Comunidade Autónoma das Illes Balears
Os contribuíntes que en 2022 tivesen a súa residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma das Illes Balears poderán aplicar as seguintes deducións autonómicas:
Importante:
Ao longo de 2022 producíronse diversas modificacións no Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño, que afectan ás deducións autonómicas do IRPF aplicable.
Estas modificacións introducíronse no citado Texto Refundido polas seguintes normas:
-
Pola disposición final segunda do Decreto lei 4/2022, do 30 de marzo, polo que se adoptan medidas extraordinarias e urxentes para paliar a crise económica e social producida polos efectos da guerra en Ucraína (BOIB 31-03-2022 – BOE 08-06-2022), con entrada en vigor o 31 de marzo de 2022.
-
Pola disposición final décimo sétima do Decreto lei 6/2022, do 13 de xuño, de novas medidas urxentes para reducir a temporalidade no emprego público das Illes Balears (BOIB 16-06-2022). Modifica as letras a) e b) do apartado 1 do artigo 4 (Dedución autonómica por gastos de adquisición de libros de texto).
-
Pola disposición final cuarta da Lei 11/2022, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma das Illes Balears para o ano 2023 (BOIB 31-12-2022), con entrada en vigor ao 31 de decembro de 2022.
Como consecuencia do anterior, nas diferentes deducións autonómicas vixentes a 1 de xaneiro de 2022 fóronse producindo sucesivos cambios na súa regulación que afectan a importes, límites máximos da dedución e requisitos sobre a contía da base impoñible.
O anterior determina que, no caso de contribuíntes falecidos nun día distinto ao 31 de decembro de 2022, na medida en que finaliza nese momento o período impositivo, devindicandose o IRPF, débense ter en conta, os importes, límites e bases esixidas de acordo coa normativa en vigor na devandita data, existindo no exercicio 2022 diferentes intervalos temporais, polo que é aconsellable ler detidamente os recadros que figuran en cada dedución e que indican, atendendo ao momento en que se produce o falecemento, cales son os importes, límites máximos da dedución e requisitos sobre a contía da base impoñible que corresponde aplicar.
- Por determinados investimentos de mellora da sostibilidade na vivenda habitual
- Por arrendamento da vivenda habitual no territorio das Illes Balears a favor de determinados colectivos
- Por determinadas subvencións e axudas outorgadas por razón dunha declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil
- Para compensar o incremento do custo dos préstamos ou créditos hipotecarios con tipo de xuro variable (dedución temporal)
- Por gastos de adquisición de libros de texto
- Por gastos de aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros
- Para cursar estudos de educación superior fóra da illa de residencia habitual
- Por arrendamento de bens inmobles no territorio das Illes Balears destinadas a vivenda (dedución do arrendador)
- Por arrendamento de vivenda no territorio das Illes Balears derivadas do traslado temporal de residencia por motivos laborais
- Por doazóns a determinadas entidades destinadas á investigación, o desenvolvemento científico ou tecnolóxico, ou a innovación
- Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración empresarial, relativos ao mecenado cultural, científico e de desenvolvemento tecnolóxico e ao consumo cultural
- Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración, relativos ao mecenado deportivo
- Por doazóns a determinadas entidades que teñan por obxecto o fomento da lingua catalá
- Por doazóns a entidades do terceiro sector
- Por doazóns para paliar os efectos do conflito de Ucraína sobre as persoas
- Para os declarantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou con descendentes con esta condición
- Por gastos relativos aos descendentes ou acollidos menores de seis anos por motivos de conciliación
- Por acollida de persoas desprazadas polo conflito de Ucraína
- Por investimento na adquisición de accións ou de participacións sociais de novas entidades ou de recente creación