Por gastos de aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros
Normativa: Art. 4 bis Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño
Contía e límite da dedución
-
O 15 por 100 dos importes destinados á aprendizaxe extraescolar de idiomas estranxeiros polos fillos que cursen estudos correspondentes ao segundo ciclo de educación infantil, á educación primaria, á educación secundaria obrigatoria, ao bacharelato e aos ciclos formativos de formación profesional específica.
É deducible aquela parte de gasto correspondente a ensino de lingua estranxeira que se realiza no transcurso do curso escolar fóra do horario correspondente ao seu currículo, entre outros, inclúense os gastos por asistencia a unha escola oficial de idiomas ou por asistencia a unha academia de idiomas.
Pola contra, non serán deducibles os gastos orixinados por cursar estudos no estranxeiro ou os orixinados pola realización de campamentos do verán no estranxeiro ou en territorio nacional para a aprendizaxe dun idioma.
No caso de gastos satisfeitos nos colexios bilingües sos será deducible aquela parte de gasto destinado a aprendizaxe de lingua estranxeira cando se trate dunha actividade extraescolar.
-
O límite para a aplicación desta dedución será de 110 euros por fillo.
Atención: teñase en conta que para os contribuíntes que falecesen con anterioridade ao 31 de decembro de 2022, o importe máximo desta dedución será de 100 euros.
O límite pode aplicarse de forma global para o conxunto de fillos que dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
- Unicamente poderán terse en conta, para os efectos da aplicación desta dedución, os gastos orixinados polos fillos que, pola súa parte, dean dereito ao mínimo por descendentes.
-
Se os fillos conviven con ambos os dous pai s e estes optan pola tributación individual, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
Son aplicables a esta dedución en relación co requisito de convivencia e sobre o rateo os mesmos criterios que para a aplicación da dedución autonómica por adquisición de libros de texto.
-
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro do contribuínte recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes contías:
Atención : teñase en conta que, como consecuencia das distintas modificacións que sufriu o artigo 4 bis durante o ano 2022, encontrámosnos cos seguintes limites cuantitativos:
-
Para contribuíntes falecidos entre o 1 de xaneiro e o 30 de marzo de 2022, a suma das bases impoñibles xerais e do aforro (recadros [0435] e [0460]) non poderá superar 12.500 euros en tributación individual.
-
Para contribuíntes falecidos entre o 31 de marzo e o 30 de decembro de 2022, a suma das bases impoñibles xerais e do aforro (recadros [0435] e [0460]) non poderá superar 13.750 euros en tributación individual.
-
Para o resto dos contribuíntes o importe da dedución non pode exceder de 33.000 euros no caso de tributación individual e de 52.800 euros no caso de tributación conxunta.
-
O contribuínte deberá conservar, a disposición da Administración tributaria as facturas ou os documentos equivalentes.