Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Polo coidado de descendentes ou adoptados de ata 25 anos de idade

Normativa: Art. 14 duodecies Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro

Contía da dedución

  • 300 euros por cada descendente de ata 25 anos que xere dereito á aplicación do mínimo por descendentes regulados no artigo 58 da Lei do IRPF.

    Respecto dos descendentes que ao finalizar o período impositivo teñan 25 anos ou 26 anos, teran quese cumprir todos os requisitos para xerar dereito ao mínimo por descendentes a que se refire o artigo 58 da Lei do IRPF, agás o referente á idade.

  • A dedución no período impositivo en que o descendente cumpra 26 anos  calcularase de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos previstos no presente artigo.

    Neste caso, para os efectos do cálculo do número de meses en que se cumpren os requisitos, só computarase ata o mes anterior a aquel en que cumpra a idade de 26 anos.

Requisitos e outras condicións da dedución

  • Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:

    • - 35.000 euros en tributación individual.

    • - 45.000 euros en tributación conxunta.

  • Que os proxenitores, adoptantes, ou titores convivan co descendente.

    O cumprimento do requisito da convivencia  debe determinarse na data de devindicación do imposto .

  • Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación do beneficio fiscal, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles , aplicandose unicamente a aqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

Incompatibilidade

A presente dedución é incompatible coa dedución “Por gastos de descendentes en centros de cero a tres anos” previstos no artigo 14 bis do texto refundido.

A incompatibilidade entre ambas as dúas deducións terá que determinarse por contribuínte, e será efectiva respecto dos mesmos descendentes.