Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Por adquisición de bicicletas de pedaleo non asistido

Normativa: Art. 32.13 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos

Contía e  límite da dedución

  • O 15 por 100 do importe das adquisicións de bicicletas de pedaleo non asistido.

  • Límites máximos:

    • 50 euros por vehículo e, pola súa parte,

    • 2 vehículos por unidade familiar.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • A práctica desta dedución quedará condicionada á súa xustificación documental mediante a correspondente factura.

    Polo tanto, a dedución soa poderá aplicara aquel ou aqueles a cuxo nome se emita a factura, coa excepción que  se indica no punto seguinte. Cando haxa máis dun titular da factura, o importe satisfeito e o límite máximo de dedución por vehículo ratearase entre eles.

  • No caso de matrimonios en réxime de gananciais que presenten declaracións individuais, ratearase o importe da dedución por partes iguais.

    Neste caso, aínda que só un do cónxuxes sexa titular da factura tanto o límite da dedución (50 euros) como o importe satisfeito se atribuirá a ambos os dous cónxuxes por partes iguais.