Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Por contribuíntes con dous ou máis descendentes

Normativa: Art. 4.Un.t) Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do   Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e restantes tributos cedidos, da Comunitat Valenciana

Contía da dedución

O 10 por 100 do importe da cota íntegra autonómica, en tributación individual ou conxunta, unha vez deducida da mesma as minoracións para determinar a cota líquida autonómica, excluída a presente dedución, ás que se refire a normativa estatal reguladora do IRPF.

O citado importe determínase restando da cota íntegra autonómica, recadro [0546] da declaración, os importes consignados nos recadros [0548], [0551], [0553], [0555], [0557], [0559] [0561] e [0563], correspondentes á parte autonómica das deducións xerais de normativa estatal, así como o importe das deducións autonómicas, recadro [0564], excluída a presente dedución e recadro [0566] correspondente á nova dedución aplicable ás unidades familiares formadas por residentes fiscais en Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que os descendentes xeren a favor do contribuínte o dereito á aplicación do correspondente  mínimo por descendentes  establecidos pola normativa estatal reguladora do IRPF.

  • Que a suma das seguintes bases impoñibles, xeral e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración , non sexa superior a 30.000 euros :

    1. As dos contribuíntes que teñan dereito, polos mesmos descendentes, á aplicación do mínimo por descendentes.

    2. As dos propios descendentes que dan dereito ao citado mínimo.

    3. As de todos os membros da unidade familiar que tributen conxuntamente co contribuínte e que non se encontren incluídos nas dúas letras anteriores.

    Atención: para os contribuíntes falecidos antes do 28 de outubro de 2022, a suma das bases impoñibles, xeral e do aforro, non poderá superar 24.000 euros.