Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Aplicación da dedución na declaración do IRPF

A dedución por maternidade minora a cota diferencial, con independencia de que a devandita cota diferencial resulte positiva ou negativa.

En consecuencia, o importe da dedución deberá facerse constar na declaración do exercicio no apartado correspondente a "Cota diferencial e resultado da declaración ", recadro [0611] da  declaración.

Os contribuíntes a quen, por habero solicitado no seu momento, a Axencia Tributaria satisfixese cantidades mensuais en concepto de aboamento anticipado da dedución por maternidade, deberán consignar no recadro [0612] da declaración a suma das devanditas cantidades que correspondan ao exercicio 2022.

Importante: non serán esixibles xuros de mora pola percepción, a través do aboamento anticipado e por causa non imputable ao contribuínte, de cantidades superiores á dedución por maternidade que corresponda.

Por último, aqueles contribuíntes con dereito ao incremento da dedución por gastos en gardarías ou centros de educación infantil autorizados, deberán facer constar o importe que corresponda no recadro [0613] da  declaración.