Deducións que inclúe
Establécense cinco deducións destinadas a reducir a tributación dos contribuíntes con maiores cargas familiares, que minorarán a cota diferencial de forma análoga a como o fai a dedución por maternidade, isto é, con independencia de que a devandita cota diferencial resulte positiva ou negativa, podendo solicitarse tamén o seu aboamento anticipado.
Estas deducións son:
-
Dedución por cada descendente con discapacidade
-
Dedución por cada ascendente con discapacidade.
-
Dedución por cónxuxe non separado legalmente con discapacidade.
-
Dedución por familia numerosa.
-
Dedución por ascendente, separado legalmente ou sen vínculo matrimonial, con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos.