Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2023.

Contribuíntes non obrigados a declarar-cadro resumo

Regra

Renda obtida

Límites

Outras condicións

Rendementos do traballo

22.000
  • Un pagador (2º e restantes ≤ 1.500 euros anuais).
  • Prestacións pasivas de dous ou máis pagadores cuxas retencións fosen determinadas pola Axencia Tributaria.
15.000
  • Máis dun pagador (2º e restantes >1.500 euros anuais).
  • Pensións compensatorias do cónxuxe ou anualidades por alimentos non exentas.
  • Pagador dos rendementos non obrigados a reter.
  • Rendementos suxeitos a tipo fixo de retención
  • Rendementos do capital mobiliario.
  • Ganancias patrimoniais.
1.600
  • Suxeitos a retención ou ingreso a conta, agás ganancias patrimoniais procedentes de transmisións ou reembolsos de accións ou participacións de IIC en que a base de retención non proceda determinara pola contía que hai que integrar na base impoñible.
  • Rendas inmobiliarias imputadas.
  • Rendementos de Letras do Tesouro.
  • Subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado.
  • Outras ganancias patrimoniais derivadas de axudas públicas
1.000 -
  • Rendementos do traballo.
  • Rendementos do capital (mobiliario e inmobiliario).
  • Rendementos de actividades
    económicas agás contribuíntes no RETA ou RETM.
  • Ganancias patrimoniais.
1.000
  • Suxeitas ou non a retención ou ingreso a conta.
  • Perdas patrimoniais.
<500
  • Calquera que sexa a súa natureza.

Comentarios ao cadro:

A regra 2ª e os seus límites son independentes dos contidos na regra 1ª, actuando en todo caso como criterio corrector da regra 1ª para rendas de escasa contía. En consecuencia, se un contribuínte non está obrigado a declarar por razón da natureza e contía das rendas obtidas conforme aos límites e condicións da regra 1ª, non procederá a aplicación da regra 2ª.

Cando, da aplicación dos límites e condicións da regra 1ª, o contribuínte estivese obrigado a presentar declaración, debe acudirse á regra 2ª e os seus límites para verificar se opera a exclusión da obriga de declarar ao tratarse de rendas de escasa contía.

Teñase en conta que na regra 1ª non aparecen enunciadas as perdas patrimoniais entre os supostos exonerados da obriga de declarar.

De igual xeito, teñase en conta que na regra 2ª non aparece enumerada a imputación de rendas, nin se encontran comprendidos os contribuíntes que en calquera momento do período impositivo estivesen de alta, como traballadores por conta propia, no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónoma (RETA), ou no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar (RETM) pois, a partir do 1 de xaneiro de 2023, estarán en todo caso obrigados a declarar con independencia da contía dos seus rendementos.