Duración
Normativa: Art. 115 Regulamento IRPF
O réxime especial aplicarase durante o período impositivo en que o contribuínte adquira a súa residencia habitual en España e durante os cinco períodos impositivos seguintes.
Con esta finalidade, considerarase como período impositivo en que se adquire a residencia o primeiro ano natural en que, unha vez producido o desprazamento, a permanencia en territorio español sexa superior a 183 días.